Especialidades
Bailes Latinos
Bailes Standard
10 bailes
Danza Coreográfica
Single
Bailes Caribeños
Hip Hop
Breaking
Outras disciplinas
Federación Galega de Baile deportivo
A Federación Galega de Baile Deportivo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do baile deportivo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos.
A Federación Galega de Baile Deportivo tamén está integrada dentro da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.
Dende a súa creación, o 8 de xuño de 2022, a fgbd traballa con unha visión centrada na excelencia, busca impulsar o talento galego no ámbito nacional e internacional, asegurando que os valores do esforzo, a disciplina e a paixón que caracterizan este deporte sexan recoñecidos e respetados.
fgbailedeportivo@gmail.com
DIRECCIÓN
Novas
A PRIMEIRA SESIÓN DAS XORNADAS PROTEXE FGBD 2026 REUNIU A PROFESIONAIS E DEPORTISTAS NUNHA FORMACIÓN SOBRE A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA SEXUAL
A iniciativa, organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo en colaboración con AD&M Olmedo Butler Abogados, deu comezo cunha xornada formativa en liña centrada na protección no ámbito deportivo. O pasado 28 de xuño tivo lugar a primeira sesión das Xornadas...
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA DOBRE CITA DO BAILE DEPORTIVO CELEBRADA EN TUI
O municipio pontevedrés reuniu durante dúas xornadas a centos de deportistas nas disciplinas de bailes latinos, estándar, caribeños, danza coreográfica, single e hip hop, culminando coa proclamación dos novos campións galegos da Liga Xunta de Galicia de Hip Hop. A...
SANTIAGO ACOLLEU UNHA XORNADA DE TECNIFICACIÓN DE BAILES CARIBEÑOS
A actividade, organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo, reuniu o pasado 30 de maio a deportistas de distintos clubs galegos para continuar coa súa formación técnica da man de Tony el Haber e Sheida Shahroozi. A Federación Galega de Baile Deportivo celebrou...
MARÍN COVERTEUSE ESTA FIN DE SEMANA NUN DOS EPICENTROS DO BAILE DEPORTIVO GALEGO
A localidade pontevedresa acolleu unha dobre competición puntuable de bailes latinos, estándar, caribeños e danza coreográfica cunha gran participación e ambiente nas bancadas Marín viviu esta fin de semana unha intensa xornada de baile deportivo coa celebración dunha...










