LEI DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E BO GOBERNO
LEI DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E BO GOBERNO
A Federación Galega de Baile Deportivo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do baile deportivo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos. A Federación Galega de Baile Deportivo tamén está integrada dentro da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.
Actualmente ten o seu domicilio social e estatutario na Rúa Lugo, nº 3, 15270 Cee, A Coruña. Está rexistrada como entidade deportiva no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia.
As federacións deportivas galegas son entidades privadas sen ánimo de lucro que, xunto as funcións que lle son propias polo seu ámbito de actuación privada, exercen por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia). As funcións ás que se deberá dar publicidade son as que se especifican no art. 56 da Lei do Deporte de Galicia, e recollidas tamén nos respectivos Estatutos federativos.
A FGBD exerce como funcións propias as seguintes:
- a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.
- b) Colaborar coas administracións públicas e coa FEBD, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción do deporte de Baile Deportivo.
- c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto nivel.
- d) No seu caso, e de conformidade coa normativa que sexa de aplicación, colaborar e/o organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
- e) Elaborar as súas propias normas técnicas e regulamentos deportivos.
- f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de técnicos-adestradores e xuíces-controladores, segundo a normativa que sexa de aplicación.
- g) Fomentar a participación no deporte de Baile Deportivo das persoas con algunha discapacidade.
A FGBD exerce como funcións públicas delegadas, en réxime de exclusividade, as seguintes:
- a) Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas do deporte de Baile Deportivo, de conformidade coa normativa que sexa de aplicación.
- b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.
- c) Expedir licenzas deportivas para a práctica do deporte de Baile Deportivo nos termos establecidos na lexislación vixente.
- d) Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas e controlar que os seus asociados déanlles unha correcta aplicación.
- e) Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigacións derivados do cumprimento destes Estatutos.
- f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos pola Lei 3/2012, de 2 abril, do Deporte de Galicia, e polas súas disposicións de desenvolvemento, #de acordo con os presentes Estatutos e Regulamentos de desenvolvemento.
- g) Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
- h) Colaborar coas Administracións públicas competentes na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. Para estes efectos, e entre outras accións, a FGBD instruirá e resolverá os expedientes sancionadores que no ámbito da dopaxe substánciense, de conformidade co establecido na lexislación vixente.
- i) Calquera outra que regulamentariamente se determine.
Outra normativa aplicable:
– Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
– Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, modificado polo Decreto 171/2021, do 23 de decembro.
– Resolución do 8 de setembro de 2009, da Secretaría xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou ou norma que a substitúa.
– Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade (Estatutos, Regulamentos, etc.)
En cumprimento da Lei de Transparencia, a Federación Galega de Baile Deportivo, fai público neste apartado, diversa información.
- ESTRUTURA ORGANIZATIVA – VER ORGANIGRAMA
- MEMORIAS ANUAIS – VER CONTAS
- ORZAMENTOS – VER ORZAMENTOS
- CONVENIOS ASINADOS COA SXPD – XUNTA DE GALICIA – VER CONVENIOS
- SUBVENCIÓNS – VER SUBVENCIÓNS
- ANALISE CONTABLE – VER BALANCE
- DIETAS E SALARIOS – VER SALARIOS
- NORMATIVA – VER REGULAMENTOS
- ESTATUTOS – VER ESTATUTOS